O interesante desvío de Romil

6557 (17) desviado en Paseo de Granada
6557 co letreiro do revés desviado en Paseo de Granada
Vitrasa anunciou que con motivo dunhas obras na rúa de Romil dende esta mañá, as liñas de Camelias desviaranse de xeito distinto ao que nos tiñan acostumados. Se até agora, os buses que dende Camelias baixan ao paseo de Alfonso e seguen cara o centro sempre se desviaron por López Mora e Pi i Margall para evitalos cortes da rúa Romil, Vitrasa decidiu nesta ocasión variar un pouquiño e probar un interesante desvío para salvala rúa Romil sen ter que anular case tódalas paradas de Camelias. E aínda que esta ruta alternativa sempre estivo aí, nunca se viron vitrasas tomando ben a curviña que hai entre o paseo de Granada e Cachamuíña. Pero resulta que Vitrasa volveu a probar e si que pode circular ben por este camiño. De feito, puideno comprobar in situ. O único problema que hai é que teñen que invadir a pequena beirarrúa que hai pintada no asfalto para acceder a pé ao aparcadoiro de Praza do Rei, para poder completar o xiro. No vídeo podedes velo. [Recoméndovos que non lle dedes á pantalla completa, vése bastante mal]

Outro punto que me chama a atención é que a N2 tamén irá desviada por aquí, e supoñemos que os reforzos de praia que queden para a liña 11 terán que vir por aquí. E un articulado poderá dar ese xiro igual de ben ca un bus normal?...
Este novedoso desvío (dende Camelias 37 por Camelias, Praza do Bicentenario, Paseo de Granada, Cachamuíña, ruta en Falperra), supón un minutiño ou dous de retraso, xa que hai que dar bastante volta para evitala rúa Romil, e non hai que anular ningunha parada nin pór ningunha provisional. Persoalmente creo que agora que quedou demostrado que os autobuses urbanos si poden circular por esa zona, deberían ir por aí sempre, para facer o percorrido totalmente lineal e non ter que ir pola rúa Romil. Creo ademais, que habería que poñer unha parada paralela á praza do Rei para tódalas liñas que teñan paso por aí (até agora, a 27), pero tamén opino que sería necesario reestruturar o tráfico para toda esa zona.

Non se sabe canto vai durar este desvío, nin que tipo de obras hai na rúa Romil, supoñemos que Vitrasa avisará no momento no que se restableza o tráfico normal. Mentres tanto, podedes consultala ruta do desvío sobre o mapa da nosa páxina de incidencias, á que podedes acceder no menú principal.
6553 (17) y 6557 (17) en Cachamuíña
Aquí coinciden dous buses da liña 17, un pola súa ruta oficial cara Matamá, e outro desviado cara Teis. Imaxe insólita até agora

Comentarios