O Chamizo de Fragoselo

Esta é a placa conmemorativa no monumento, sito no barrio de Fragoselo, na parroquia de Coruxo










                                                                                          Co obxecto de lembrar os importantes incendios que asolaron a toda a rexión galega, a Asturias e ao norte de Portugal o 15 de outubro de 2017, o artista Juan Coruxo preparou unha serie de esculturas feitas de madeira queimada dos propios montes de Coruxo, unha das parroquias viguesas ás que lle afectaron os lumes daqueles días. Neste caso o incendio comezou nos bosques de Camos e Parada, no veciño concello de Nigrán, estendeuse pola parroquia xa lindante con Vigo de Chandebrito, na que houbo dúas vítimas mortais, e seguiu cara Coruxo (salvando todo o barrio de Fragoselo), Valadares, Matamá e Comesaña. En todas estas parroquias dos concellos de Vigo e Nigrán a maior parte da súa superficie forestal foi arrasada.

O monumento ubícase nesta pequena finca sita nun cruzamento da mesma estrada de Fragoselo, antes de chegar ao camiño do río da Barxa










Esta é a ubicación exacta do monumento en homenaxe á xente que axudou a frear os lumes 

Comentarios