polémico PXOM aprobado en 2014 polo Partido Popular como solo urbanizábel, seguindo o modelo de vila turística de verán que algúns políticos queren promover coma un negocio. O problema vése agravado polas urbanizacións de recente construción que están habitadas precisamente a carón deste monte desordenado de próxima edificación, ás que o lume estivo a punto de queimar. E o panorama que atopamos a día de hoxe non parece indicar que houbese un cambio de prantexamento no concello de Baiona, pois o certo é que as tareas post-incendio neste concello limitáronse a botar palla as semanas posteriores ao incendio para evitar a erosión. Pouco ou nada máis se fixo. Isto contrasta fortemente coas actuacións levadas a cabo para replantar o monte en Chandebrito, como veremos noutro artigo.
Durante a mañá do 12 de outubro, cando a situación aínda non era tan mala no resto da comunidade, un pequeno incendio na contorna da Virxe da Rocha facía saltar todas as alarmas no concello baionés. O lume, que dende o primeiro momento se sospeitou que fora provocado, xerou unha gran fumareda por enriba da vila de Baiona, e causou un gran susto aos seus veciños. Este incendiou conseguiuse controlar rapidamente e apenas afectou a unha pequena superficie arborada nas inmediacións da Virxe da Rocha. Esta mesma zona sufriu outro incendio provocado na madrugada do 14 ao 15 de outubro que afectou a un pouco máis de monte. Ás sete da mañá dese mesmo día volvía reactivarse, para inquedanza dos baioneses, o lume na zona da Virxe da Rocha, desta vez afectando ao hotel Rompeolas e chegando a estar moi próximo ao IES Primeiro de Marzo.
O mesmo 15 de outubro tivo lugar o importante incendio que quedou ás portas dalgunhas urbanizacións e a escasos metros do casco urbano da vila. Este incendio prendeuse na zona de Baíña e doadamente atravesou a AG57 no seu primeiro tramo de vía rápida e queimou toda a superficie verde que arrodea a vila, chegando incluso a afectar a un par de vivendas na parte alta de Baiona.
Este incendio obrigou a desaloxar varias urbanizacións e chegou ata o grupo de vivendas da Anunciada, moi próximo á súa vez ao casco vello baionés.
Con todo, Baiona foi dos municipios da área de Vigo máis castigados nos incendios de outubro, máis aínda houbo peores incendios que deron de falar aquel fatídico outubro de 2017...
Durante a mañá do 12 de outubro, cando a situación aínda non era tan mala no resto da comunidade, un pequeno incendio na contorna da Virxe da Rocha facía saltar todas as alarmas no concello baionés. O lume, que dende o primeiro momento se sospeitou que fora provocado, xerou unha gran fumareda por enriba da vila de Baiona, e causou un gran susto aos seus veciños. Este incendiou conseguiuse controlar rapidamente e apenas afectou a unha pequena superficie arborada nas inmediacións da Virxe da Rocha. Esta mesma zona sufriu outro incendio provocado na madrugada do 14 ao 15 de outubro que afectou a un pouco máis de monte. Ás sete da mañá dese mesmo día volvía reactivarse, para inquedanza dos baioneses, o lume na zona da Virxe da Rocha, desta vez afectando ao hotel Rompeolas e chegando a estar moi próximo ao IES Primeiro de Marzo.
![]() |
O caseto do baño instalado na contorna da Virxe da Rocha tivo que ser reposto debido a que prendeu enteiro |
Este incendio obrigou a desaloxar varias urbanizacións e chegou ata o grupo de vivendas da Anunciada, moi próximo á súa vez ao casco vello baionés.
Con todo, Baiona foi dos municipios da área de Vigo máis castigados nos incendios de outubro, máis aínda houbo peores incendios que deron de falar aquel fatídico outubro de 2017...
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por enviares o teu comentario, se tes gañas de decirme máis cousas podes mandar un email á dirección mistervigo02@gmail.com, interpelarme nas redes, etc.
Gracias por enviar tu comentario, si tienes ganas de decirme más cosas puedes mandar un email a la dirección mistervigo02@gmail.com, interpelarme en las redes, etc.