Iluminación do Nadal de Vigo 2018/19

Como saberedes, este ano Vigo copou todas as portadas dos diarios e telexornais estatais e por suposto, autonómicos e locais; xa que estas festas a nosa cidade quedou ubicada no mapa do Nadal español como unha das cidades máis e mellor alumeadas. Non sei vós, pero eu durante todos estes días estou vendo moito inghlés e guiris en xeral, dos que se ven en verán especialmente, paseando polas rúas do centro ou collendo o vitrasa ao aeroporto. Isto foi grazas unicamente ao bombo que lle deu ao alcalde, Abel Caballero, xa convertido en meme de tódolos grupos de whatsapp de España, as luces do Nadal. Primeiro foi un vídeo viral no que o alcalde se mofaba de cidades coma Berlín, Tokio, París e Nova Iorque, dicindo que as súas luces ían ser peores cás de Vigo; despois, os operarios de instalación das luces comezaron a realizalas tareas en setembro, con aínda bastante calor nas rúas. Con todo, ao ser a mesma empresa do ano pasado a maioría de ornamentos son repetidos, e o que se fixo máis que nada é variar nas combinacións ou na ubicación das luces. Este ano coma novidade instalouse un trenciño na porta do Sol, varios photocalls na rúa Príncipe, e un boneco de neve no cruzamento de Concepción Arenal coa praza de Compostela. Ademais, como vén sendo habitual, as luces expándense ata os principais núcleos de poboación do noso "rural" para atender ás asociacións de veciños e aos centros culturais, que tan importante labor fan, na súa maioría. Algunhas das rúas nas que non puiden comprobar os ornamentos pero que me consta que instalaron son Becerreira (diante do centro cultural), Santa Mariña, Maceiriña, Manuel Costas Bastos, San Cristovo, Cabalaria, Rosal Florido, Casal, Casal de Arriba, Figueiró, Cantabria-Vista do Mar, San Xoán-Padre Celso, Entrada á Salgueira, Mestres Goldar-Igrexa de Castrelos, Estrada de Valadares, Igrexa de Zamáns, Canteiros, Sanín, Igrexa de San Andrés, Camiño da Eira Vella, RicardoMella-Mide, e Igrexa-Roteas (Oia). O máis probábel é que sexan adornos repetidos con outras zonas da cidade. Imos aló entón co repaso ás luces deste Nadal en Vigo.
Esta está ao final da Gran Vía, na rúa da Coruña, en Alfonso XIII, Eugenio Kraff, Manuel de Castro e Padre Seixas

Este modelo foi escollido para toda a rúa Sanjurjo Badía 

O luminoso do alto do Concello este ano medrou bastante
Esta decoración é a do centro comercial A Laxe
Así loce a contorna da pasarela sobre a rúa Teófilo Llorente (as figuras azuis tamén se instalaron na praza do paseo de Alfonso)
Este modelo foi posto unicamente ao longo da Gran Vía, entre Valle Inclán e Regueiro aproximadamente
Esta combinación fíxose para a rúa Reconquista
E as boliñas como combinación propia están nas rúas Velázquez Moreno, Gil, María Berdiales e Progreso
Estes globiños foron colocados na Praza da Princesa
E tamén na Porta do Sol
Tamén na Porta do Sol hai un trenciño a modo de photocall
Este modelo colocouse de dous xeitos distintos (como se ve na foto e en vertical) e nas rúas Darío Álvarez Blázquez, Perú, Lugo e Santo Domingo está coma na foto e ao principio e ao final da rúa Regueiro, amais de en República Arxentina e Praza de Portugal está en vertical
Este adorno púxose na mediana do cruzamento dos Choróns (Travesía de Vigo) e un moi parecido tamén o hai na rotonda de García Barbón con Julián Estévez
Así está o mercado do Progreso, e o resto dos mercados tamén están decorados con ornamentos semellantes
Este modelo, que o ano pasado era exclusivamente do rural, desta vez se atopa nas rúas San Sebastián, Romil, Falperra, Covadonga, Cuba, Brasil, Paraguai e Oporto
O Dinoseto non quedou sen a súa bufanda
Este novo ornamento (tanto en vertical coma en horizontal formando un arco) foi colocado nas rúas Carral, Rogelio Abalde, Churruca, Irmandiños, Gravina, Canceleiro e Ferreiros (Bouzas)

Tamén se poden ver iluminacións especiais de Nadal en casas particulares, negocios, balcóns ou espazos comerciais


Esta é a famosa caixa de agasallo instalada enriba da saída do aparcamento de Urzáiz, no cruzamento desta con Gran Vía (amais nesta foto pódese observar o modelo escollido para Gran Vía entre Urzáiz e Honduras, unha especie de alfombra branca)
Algo semellante á alfombra branca de Gran Vía está na avenida da Atlántida, pero noutras cores

Estas bolas puxéronse en López de Neira, Eduardo Iglesias, e en Ramón Nieto en forma de arco situados en puntos estratéxicos (cruzamento con Jenaro de la Fuente, diante da sociedade deportiva e cultural de Pardavila, diante da asociación de veciños de Lavadores, e na contorna da rotonda de Cabral)

E esta combinación foi posta na rúa Elduayen

Este tipo de bolas foron postas en Camelias e López Mora de Praza América á Praza da Independencia, na rúa Venezuela, en México, en Doutor González Sierra e en Pi i Margall

Este tipo de lazo coa bola no medio está na rúa Zaragoza.
Esta combinación (os ornamentos que acompañan á bola son os mesmos que hai na rúa Alexandre Bóveda, entre outras) está na rúa da Igrexa de Bembrive

Esta combinación de lazo con bola está nas rúas Urzáiz entre Gregorio Espino e Gran Vía, Antela Conde, Andalucía, principio de Doutor Carracido, Aragón entre Jenaro de la Fuente e Urzáiz, Bos Aires, Purificación Saavedra, Joaquín Loriga, principio de Cristo, Cruz Branca, Paulino Freire, Pescadores e Praza de Manuel Diego Santos
Estoutra combinación está en Estremadura, Cataluña e Balaídos
A combinación que se ve sobre Lepanto está aí e na rúa Martín Echegaray

Aquí se ve o modelo que o ano pasado estaba no eixe de García Barbón e Policarpo Sanz, e este ano está nas rúas Urzáiz ata Gran Vía, Colón e Concepción Arenal (amais pódense ver os arboliños que se colocaron por Urzáiz, Colón e Policarpo Sanz
A parte laranxa da combinación con bola anterior está colocada así na rúa María Auxiliadora

Esta combinación púxose na avenida de Fragoso unicamente
E un parecido ao que forma o de Fragoso está nas rúas Uruguai, Quirós (en horizontal), Condesa Casa Bárcena, Pizarro entre praza de España e Vázquez Varela, Simón Bolívar e na rotonda do Rato (Bouzas)

Estas bolas de cores este ano só se instalaron na mediana da avenida de Castelao

Así está a contorna de El Corte Inglés

Este é dos pocos modelos novos (acendido predomina a color azul) e atópase en Baixada á Praia (Saiáns), Sagunto, León e Monforte de Lemos

Esta é o paraugas da praza da Independencia
Así loce A Praza de América, a Praza de España pola súa parte, está igual que o ano pasado
Esta é a árbore que se puxo na praza de Fernando o Católico, e de fondo pódese ver un elemento decorativo vermello que tamén está na Travesía de Vigo, en Teixugueiras, en Gregorio Espino e ao principio da Avenida de Galicia
Este agasallo púxose na mediana da Gran Vía, frlntf a El Corte Inglés
Este é o ornamento posto na avenida de Ramón Nieto

Este é o colocado sobre a Praza da Pedra
Este sobre o cruce dos catro bancos (Policarpo Sanz e García Barbón) tamén leva unha especie de lámpada

E así está a Praza da Constitución

E aquí está o famoso boneco de neve sito no cruzamento de Concepción Arenal coa praza de Compostela; tamén se pode ver á esquerda o modelo que se colocou no lado impar da Praza de Compostela e na rúa do Areal
Instalouse un arco na fachada do mercado de Teis igual aos que hai nas rúas Montecelo, Laxe, Ricardo Mella (á altura da antiga estación de Coruxo), Estrada Camposancos entre Xurela e a Igrexa de Coruxo, Zamora entre Tarragona e a fin, Loureiro e Emilia Pardo Bazán



E este arco foi instalado exclusivamente na Ronda de Don Bosco

Como xa vén sendo tradición, o extremo de Príncipe polo Farol péchao a gran bola de luz

Este ornamento, que o ano pasado estaba nas Camelias, estas festas está colocado nas rúas Torrecedeira, Santa Marta, Llorente...

...e Rosalía de Castro entre Pontevedra e Serafín Avendaño (entre Avendaño e o principio da rúa está posto un distinto...
... e entre Marqués de Valladares e Pontevedra está este, ao igual que en Tomás Antonio Alonso entre Praza Eugenio Fadrique Pi i Margall, Cachamuíña, Martínez Garrido, Álvaro Cunqueiro, Enrique Lorenzo, Pedro Alvarado, Julián Estévez e na rotonda de Sanjurjo Badía

Esta combinación está na rúa Pintor Colmeiro

E o que forma o anterior pola esquerda está posto nas rúas Ecuador, II República, Pracer, Abeleira Menéndez, Cruz Verde, Ferrería, Nicaragua entre Pizarro e Gran Vía, Heraclio Botana e Serafín Avendaño 

O modelo que se ve na foto anterior sobre Taboada Leal tamén se escolleu para algunhas zonas do noso "rural" como na contorna da igrexa de Freixeiro, no cruzamento de Lameiro coa avenida de Madrid, no cruzamento de Quirós con Emilia Pardo Bazán, na rúa Figueiras á altura da Praza de Feira, e en vertical en Gregorio Fernández e polo interior da praza de Compostela

Esta é a árbore de Carlos Oroza
Esta é unha vista da rúa Policarpo Sanz, co seu novo modelo para o percorrido da Cabalgata (García Barbón dende Isaac Peral ata Porta do Sol)...
... e esta é outra
Nos principais elementos decorativos do centro hai paneis propugando o uso nas redes sociais do hashtag #navidadvigoporelmundo
Este modelo púxose este ano en Blein Budiño, Praza do Bicentenario, Gran Vía entre Praza de España e Valle Inclán, Xirona, Hernán Cortés, Victoria, Luis Taboada e Pablo Morillo
Este ornamento está en Celso Emilio Ferreiro, Caracas, Jenaro de la Fuente e nos primeiros metros da Avenida do Aeroporto
Os cubos que o ano pasado estaban no centro estas festas están en Camelias entre Independencia e Hispanidade
Este só se colocou este ano na estrada de Miraflores (Sárdoma)

Este modelo está nas rúas Zaragoza, Sevilla, Redondela, Baiona, A Estrada, Marín e Vilagarcía
Este modelo en vertical está nas rúas Montero Ríos, Cánovas del Castillo, Praza do Rei dende a Praza do Bicentenario ata Hispanidade, Pizarro de Travesía de Vigo a Vázquez Varela, García Barbón de Isaac Peral a Julián Estévez, Paseo de Alfonso XII, rotonda de Hispanidade, Bolivia, Rosalía de Castro entre Miragaia e Serafín Avendaño, Nicaragua de Gran Vía a Praza Elíptica, Centro Comercial Coia 4...
... Castrelos, principio da Avenida de Madrid (tamén hai un luminoso de entrada á cidade)...
... e en horizontal está nas rúas Santa Cristina e Bagunda, Tomás Antonio Alonso entre Camilo Veiga e alameda, alameda Suárez-Llanos e Poeta Añón
O ornamento dos paraugas está na maior parte das rúas do Casco Vello (Misericordia, Sombrereiros, San Vicente, Triunfo, Cesteiros, praza do Paseo de Alfonso, Palma, Oliva, Real, Joaquín Yáñez, Fermín Penzol, Gamboa, Méndez Núñez, Alta, Travesía do Franco, Chao e Santiago) ademais de en dúas zonas comerciais como a parte peonil de Urzáiz e o lado par de Praza Compostela e García Olloqui
Esta combinación entre unha bola e un modelo novo está nas rúas Barcelona e Zamora entre Tarragona e Regueiro
Este novo deseño está na Baixada ao Castaño
Esta é a árbore da Praza de Compostela
Este adorno (parte do que está no eixe de Urzáiz e Colón) está na rúa Marqués de Valladares
Así locen este ano a rúa do Príncipe e o museo MARCO, este coa mesma iluminación na súa fachada e a rúa, pola súa parte, cun novo ornamento 
Este modelo colocouse nas rúas Doutor Cadaval, López Mora, Vázquez Varela...
... e Inés Pérez de Ceta
Este ornamento está no Paseo de Granada, nas estradas de Coutada-Beade, Zamáns e Bembrive, en Padre Feijóo, Baixada á Estación, Andalucía, Padre don Rúa Saa, Pontevedra, Magallanes, principio de Carral...
... e en Teófilo Llorente
Este tipo de adorno de cor laranxa está na rotonda de Castrelos con Portanet...
... na rotonda de Coia-Alfageme, na Praza de América...
... e na Praza de Eugenio Fadrique
O modelo vermello está na primeira parte de Manuel Núñez, como se ve, e na praza da Tellada, na rotonda de Balaídos con Fragoso, na rotonda da Paellera (Areal), Portela de Urzáiz a Palencia, Jesús Fernández e Toledo de Urzáiz a Jenaro de la Fuente; e o modelo que está na parte estreita da mesma Manuel Núñez (ao fondo) tamén está en Xuncal, Bravo e San Paio (Navia)
Este elemento decorativo dun frautista está nas rúas Regueiro, Pablo Morillo, Castelar e Cervantes
Este arco novo está na avenida da Florida (entre Travesas e Manuel de Castro) e na rúa Pintor Laxeiro
O modelo que se ve á esquerda (o ano pasado só se encontraba en Travesía) este ano está nun bo número de rúas, como son Alfonso X O Sabio, Paseo de Granada, Porto Rico, Andalucía, Alexandre Bóveda, Poza Cabalo e Ufas; o ornamento que se ve á dereita por Otero Pedrayo tamén está na praza de España, na praza da Almeida (catro xuntos), na praza de María do Carme Kruckenberg, na praza da Miñoca, en Val Miñor e en Manuel de Castro
Este modelo, tamén novo, que de día se ve tan bonito...
... está na rúa Tarragona
Estas luces brancas están na rúa Aragón (na parte de coches), en Isaac Peral entre Areal e García Barbón, ademais de en Figueiras á altura de Caeiro, Alfredo Brañas e Eduardo Cabello formando un arco
Este ornamento atopeino na rúa Santander (entrada ao barrio das Flores) e na subida ás Ánimas (Sampaio)

Para rematar algunhas vistas da Praza da Pedra, Praza da Igrexa, Príncipe e Porta do Sol






Comentarios