Hai unhas semanas presentouse o quinto volume da colección editada pola Área de Normalización Lingüística da UVigo (a través do Servizo de Publicacións da mesma universidade), en colaboración co Concello de Vigo e desta vez tamén coa Comunidade de Montes de Comesaña. Este volume, escrito por Anxo Rodríguez Lemos (investigador do veciño Val Miñor e historiador na USC) e precedido por Coia, Lavadores, Beade, Sárdoma e Freixeiro, está dedicado á parroquia de Comesaña.
O traballo baséase nunha exhaustiva recollida de topónimos e alcumes da parroquia realizada polo mesmo autor no ano 2012, co texto realizado en 2013 (cando Lemos tiña 17 anos) e corrixido polo coñecido Gonzalo Navaza hai escasos meses, mais cómpre dicir que hai unha recollida anterior (do ano 2000) dentro do extinto proxecto "Toponimia de Galicia", coa que como di o autor, non se aproveitou todo o que se podía aproveitar.
O libro estrutúrase en preámbulos (nos que se inclúe unha explicación do topónimo Comesaña, único en toda Galiza), explicación e localización dos topónimos recollidos na parroquia, explicación dos alcumes recollidos na parroquia, e apéndice fotográfico, ademais da bibliografía e os agradecementos. Realmente este volume de toponimia de Fragoso diferénciase dos demais pola ampla recompilación de alcumes dos veciños e as familias da parroquia, e é interesante que se tivesen recollido estes nomes tamén.
A modo de introdución hai que dicir que tódalas persoas no mundo que porten consigo o apelido Comesaña son procedentes desta parroquia viguesa, xa que como dixen antes o topónimo é único en toda Galiza, e por suposto, no resto do mundo. Este nome de lugar ten unha orixe escura, aínda que no libro se dá por verosímil que pode vir da raíz céltica CAM- (co significado de curva) e que alteración de Camesania por Comesania puido producirse pola labialización da vogal a por o en contacto co m (consoante bilabial). Ademais hai constancia de que o topónimo xa existía en latín no século XII, e en gallego un despois.
Sobre este traballo apoiareime para facer novas entradas sobre toponimia no blog, así que estade atentos!
Aínda que polo que sei aínda só se repartiron libros no acto de presentación (o normal é que estea en breve dispoñíbel o PDF e mailo libro en papel para recoller de balde na concellería de Normalización Lingüística), recomendo encarecidamente a súa lectura, e máis se sodes da parroquia ou se vos apelidades Comesaña.

Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por enviares o teu comentario, se tes gañas de decirme máis cousas podes mandar un email á dirección mistervigo02@gmail.com, interpelarme nas redes, etc.
Gracias por enviar tu comentario, si tienes ganas de decirme más cosas puedes mandar un email a la dirección mistervigo02@gmail.com, interpelarme en las redes, etc.