![]() |
Vista sobre o monte Galiñeiro e os arredores dende Marcosende, Zamáns |
Durante o 15 de outubro unha alerta de incendio deuse no lugar de Vilas, pertencente á parroquia gondomareña de Morgadáns. Dende aí, moi sinxelamente (co seu vento a favor) avanzou masacrando practicamente enteira a serra do Galiñeiro cara a Vincios. Nestoutra parroquia as chamas estiveron moi preto dos principais núcleos de poboación que están asentados arredor da estrada provincial, e foi preciso desaloxar tódalas vivendas da parroquia, así como uns cabalos que foron levados a unha instalación ecuestre en San Cosme.
O incendio continuou ata o barrio da Fraga (moi preto do polígono industrial da Pasaxe) e en canto de continuar de fronte atravesou a autopista do Val Miñor (que tivo que ser cortada) á altura da ponte que a separa da estrada de Zamáns e afectou a toda a zona de monte de Sobreira e Clara Campoamor, onde puido ser freado, non sen antes queimar unha pequena parte de monte por enriba do embalse.
![]() |
O lume no lugar da Fraga estivo a poucos metros das casas |
Este foi o segundo incendio en importancia nos montes da contorna de Vigo, xa que deixou marcada para moitos anos toda a serra do Galiñeiro e avanzou preto de numerosos núcleos poboacionais da cidade. Indo pola estrada de Valadares só se veía fume, e moito fume, e o tráfico era interrompido no alto da Garrida.
Ao seguinte día, o lume puido ser
completamente apagado, deixando ao seu paso desolación, cinzas e moito terreo verde que nos custará moito recuperar. Por último, quero destacar que neste caso o incendio foi xudicializado, e investigáronse a dous pastores irmáns de Vilas coma posíbeis causantes, ao prender matorrais ca fin de rexenerar pastos.
Este é un exemplo máis das neglixencias forestais que teñen lugar en Galiza, e das que xa falaremos pronto.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por enviares o teu comentario, se tes gañas de decirme máis cousas podes mandar un email á dirección mistervigo02@gmail.com, interpelarme nas redes, etc.
Gracias por enviar tu comentario, si tienes ganas de decirme más cosas puedes mandar un email a la dirección mistervigo02@gmail.com, interpelarme en las redes, etc.