O plan de transporte público da Xunta (II): XG623, XG666, XG667, XG668, XG669, XG670, XG671, XG698

Imos empezar a analizar os anteproxectos das concesións que están dentro da nosa área metropolitana e de influencia, que están en exposición pública este mes, empezando polos que unicamente prestan servizos de TES + BUS e Transporte Baixo Demanda, ademais do único contrato de larga distancia que hai nesta tanda.

Pero antes diso, imos ver como é a parte teórico-expositiva que comparten tódolos proxectos:

  • A documentación dos proxectos está dividida en dous arquivos, un PDF e unha folla de cálculo. No primeiro inclúese toda a información da concesión menos a especificación de rutas, paradas e expedicións, xa que estas móstranse na folla de cálculo.
  • O documento xeral comeza cunha memoria introdutiva que ofrece datos tanto da viabilidade técnica do proxecto como do número mínimo de vehículos e condutores "rexistrados" na concesión que van ser esixidos ás empresas adxudicatarias de cada contrato. Por último, ofrécese un estudo económico-financiero para que as empresas saiban onde se están metendo.
  • Os códigos que identifican as concesións pasan a ser todos de tipo "XGxxx(tres números)", simplificando así as antigas denominacións de tipo "V-xxxx; XG-xxx". Ademais, os contratos renovados en 2017 aumentan o seu número en cen, así a actual XG521, pasará a ser a XG621, etc.
  • A relación de tráficos pasa a ser compartido (con outras concesións); permitido (de maneira exclusiva); non reflectido (se non se prevé a súa prestación directa); ou prohibido, sempre entre concellos. Isto quere dicir que xa non se poderán prohibir tráficos entre paradas e puntos concretos, senón que vai ter que ser en todo un termo municipal ou entre un concello e outro.
  • O PDF tamén inclúe os mapas de tódalas rutas dunha concesión, como sempre con moitos erros.
  • Por último cabe destacar que todas as coordenadas que indican a posición das paradas están desta vez en sistema UTM.
------

  • XG623 (Vigo-Ourense-Lugo)

- Herdeira da actual XG523, de longa distancia, en mans do grupo Monbus.

- A única parada en Ponteareas é na súa estación de autobuses, cando podería utilizar perfectamente as paradas ao longo da N120 entre Cans e Ponteareas, para que se poida aproveitar o paso por aí. En Vigo só pararía na estación, o que ao ser unha liña de longa distancia, está xustificado.

- Hai unha viaxe especial para atender o principal horario de universitarios (só á volta, porque pola mañá as clases comezan ás 9, non ás 8) que só para en Puxeiros, A Cañiza e Ourense (non sei por que non para tamén en Ponteareas), e teoricamente vai en dobre dirección pola Estrada das Plantas, parando na parada de Vitrasa en Humanidades. E como detalle, figura como expedición a demanda, o cal non ten moito sentido.

- Hai algún erro destacábel, como o feito de que ás 20.45 saian de Vigo dous buses con destino Ourense, aínda que fagan distintas paradas.

- Estabelécense dúas clases de bonos para tódalas relacións de tráfico do contrato que inclúan Ourense, Lugo, Vigo ou Pontevedra: para 20 viaxes a usar no que dure a concesión cun 50% de desconto (mínimo 20 euros), e para viaxes ilimitadas dentro dun mes polo prezo de 44 viaxes cun desconto do 75% (mínimo 40 euros).

- Horarios propostos
  • Vigo-Ourense (directo): 11.35 (tódolos días menos domingos), 15.00-17.45-20.45 (laborais), 18.35 (domingos e festivos), 20.45 (tódolos días menos fins de semana)
  • Ourense-Vigo (directo): 06.10-10.30-19.00 (tódolos días menos fins de semana), 10.10 (sábados), 15.15 (tódolos días menos sábados).
  • Vigo-A Cañiza-Ourense: 13.35 (sábados), 15.00 (domingos e festivos).
  • Ourense-A Cañiza-Ourense: 17.00 (domingos e festivos), 17.15 (sábados).
  • Vigo-Ponteareas-A Cañiza-Melón-Ribadavia-Ourense: 08.30 (laborais e sábados), 11.35 (tódolos días), 13.35 (laborais), 18.35 (sábados), 19.00 (laborais), 20.45 (tódolos días menos festivos).
  • Ourense-Ribadavia-Melón-A Cañiza-Ponteareas-Vigo: 09.00 (tódolos días), 13.15 (laborais), 15.15 (sábados), 20.30 (domingos e festivos), 20.45 (laborais).
  • Vigo-UVigo-Alto de Puxeiros-A Cañiza-Ourense: 14.30 (laborais, tamén non lectivos).
  • Ourense-A Cañiza-Alto de Puxeiros-UVigo-Vigo: 6.45 (laborais, tamén non lectivos).
Os horarios presentan moi poucas diferenzas con respecto aos actuais.

  • XG666 

- Integra transporte escolar e baixo demanda entre distintos puntos e centros educativos dos termos municipais de Arbo, A Cañiza e Crecente.

- Os horarios das rutas están pensados para a entrada e saída dos centros escolares asociados a cada contrato (neste caso CPI da Cañiza e CEIP de Valeixe).

- A adxudicataria que asuma esta concesión deberá dispoñer dun garaxe de 1260 m² e un taller de 1000 m² como mínimo.

  • XG667

- Integra transporte escolar e baixo demanda entre distintos puntos e centros educativos dos termos municipais de Mondariz e Covelo.

- Os horarios das rutas están pensados para a entrada e saída dos centros escolares asociados a cada contrato (neste caso CEIP Antonio Blanco Rodríguez e CPI de Mondariz).

- A adxudicataria que asuma esta concesión deberá dispoñer dun taller de 450 m² como mínimo.

  • XG668

- Integra transporte escolar e baixo demanda entre distintos puntos e centros educativos dos termos municipais de Mondariz e Covelo.

- Os horarios das rutas están pensados para a entrada e saída dos centros escolares asociados a cada contrato (neste caso CEIP Antonio Blanco Rodríguez e CPI de Mondariz).

- A adxudicataria que asuma esta concesión deberá dispoñer dun garaxe de 1260 m² e un taller de 1000 m² como mínimo.

  • XG669


- Integra transporte escolar e baixo demanda entre distintos puntos e centros educativos do termo municipal de Ponteareas.

- Os horarios das rutas están pensados para a entrada e saída dos centros escolares asociados a cada contrato (neste caso CEIP Nosa Señora dos Remedios, CEIP Santiago de Oliveira, CEIP Feliciano Barrera e IES do Barral).

- A adxudicataria que asuma esta concesión deberá dispoñer dun garaxe de 1260 m² e un taller de 1000 m² como mínimo.

  • XG670

- Integra transporte escolar e baixo demanda entre distintos puntos e centros educativos dos termos municipais de Mos, O Porriño e Tui.

- Os horarios das rutas están pensados para a entrada e saída dos centros escolares asociados a cada contrato (neste caso CEIP Pena de Francia, CEIP de Atín-Cela, CEIP Mestre Valverde Maio, CEIP de Randufe e IES Ribeira do Louro).

- A adxudicataria que asuma esta concesión deberá dispoñer dun garaxe de 1500 m² e un taller de 500 m² como mínimo.

  • XG671

- Integra transporte escolar e baixo demanda entre distintos puntos e centros educativos dos termos municipais de Ponteareas, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves.

- Os horarios das rutas están pensados para a entrada e saída dos centros escolares asociados a cada contrato (neste caso CEIP Feliciano Barrera, CEP Altamira, CEIP de Leirado, CEIP Infante Felipe de Borbón, CEIP Carlos Casares, IES Pedras Rubias, IES de Salvaterra de Miño).

- A adxudicataria que asuma esta concesión deberá dispoñer dun garaxe de 1500 m² e un taller de 500 m² como mínimo.

  • XG698

- Integra transporte escolar e baixo demanda entre distintos puntos e centros educativos de Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior, Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes.

- Os horarios das rutas están pensados para a entrada e saída dos centros escolares asociados a cada contrato (neste caso CEIP Santo Paio de Abaixo, CPI Curros Enríquez, CEIP Manuel Padín Truiteiro, CEIP A Lama, IES de Soutomaior e IES de Ponte Caldelas).

- Non se lle esixe ningún espazo específico para almacenar nin coidar os vehículos á adxudicataria.




Comentarios

  1. Ola, nestas concesións as coordenadas están en sistema UTM e deben convertirse a graos decimais para poder buscalas en Google Maps. O que debes facer é ir a http://ws.plexscape.com/Services/CoordSysWS/Pages/Transformations.aspx, poñer en Coordinate System "UTM Zone 29N (ETRS89)" ou o que di no anteproxecto e logo as coordenadas X e Y que aparecen. Despois pulsas na frecha de esquerda a dereita e dache as coordenadas que podes usar en Maps.

    E logo podes poñer o punteiro sobre o marcador azul "R" e darlle a "Go to coordinates" para ir a ese punto exacto, que comprobando con Street View coincide coa parada.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu dinme conta cando o lin por aburrimento, e polo que parece esta vez as coordenadas si están ben postas, xa que mais ou menos coinciden coas marquesinas

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por enviares o teu comentario, se tes gañas de decirme máis cousas podes mandar un email á dirección mistervigo02@gmail.com, interpelarme nas redes, etc.

Gracias por enviar tu comentario, si tienes ganas de decirme más cosas puedes mandar un email a la dirección mistervigo02@gmail.com, interpelarme en las redes, etc.