O plan de transporte público da Xunta (III): XG621, XG622, XG624 e XG625

Tras superar o período de exposición pública e comezar a libre competición entre empresas, imos analizar o que propoñen os documentos dos anteproxectos das principais concesións que realizan liñas entre a nosa cidade e as nosas localidades máis próximas.

Hai que dicir que cando falamos de cousas que están "propostas" nos anteproxectos, referímonos ás que son as esixencias mínimas de operación da concesión, pois tendo en conta as súas rutas, as adxudicatarias poden solicitar anular ou ampliar algúns horarios, aínda que hai máis do primeiro caso (é o mercado...).

Destacamos tamén que no que respecta ás tarifas das concesións, os prezos poden variar en función das ofertas das empresas, e por outra banda, aínda hai concellos que expresaron o seu desexo de sumarse ás bonificacións da área metropolitana (Gondomar, Ponteareas...), e isto aínda non se definiu. Aínda así, hai que subliñar que os concellos poden ofertar aos seus veciños tarifas bonificadas coa súa propia subvención, así como estabelecer sistemas de transporte público municipal, tal como fixo Mos.

XG621 (Vigo-O Porriño-Salceda/Ponteareas-Salvaterra, con anexos)


- Herdeira da actual XG521, en mans da UTE Faibus (formada por Autna, Cond'bus - Álvarez Vázquez, Benito García e La Sepulvedana). Ademais, xunta este contrato coa misteriosa concesión de Autocares Lucho entre Mos e Vigo.

- Esíxese como mínimo dispór dun garaxe de 3500 m² e un taller de 1000 m² para poder operar esta concesión.

Esta condición é cumprida perfectamente pola actual adxudicataria, xa que entre todas as instalacións das empresas que a forman dispón de máis de 8000 m² de garaxes con taller.

- Integra servizos de transporte escolar compartido e baixo demanda para os CEIPs Pena de Francia, Atín-Cela, Mestre Valverde Mayo, Altamira, Infante Felipe de Borbón, Carlos Casares, Leirado e os IES Ribeira do Louro, Pedras Rubias e Salvaterra de Miño.

- Cabe destacar que persisten (como en todas as concesións) numerosos erros en paradas, especialmente no termo municipal de Mos. Como todo, estas cousas definiranse de verdade co inicio da explotación do contrato.

E como anécdota cabe dicir que este documento é o único de todos os que pasan pola nosa estación de autobuses que inclúe unha previsión de como será a entrada e saída de Vigo cando todos os buses pasen a ir á nova intermodal de Urzáiz, aló por 2021, e diso xa falaremos...

- As liñas herdadas de Lucho están por definir, xa que como digo son bastante misteriosas. De momento sabemos que terían uns horarios bastante reducidos e que só circularían en días laborais.

- A liña entre Vigo e Salvaterra mantén o mesmo número de frecuencias pero recorta algúns horarios en favor de novas expedicións que están pensadas para atender ao principal horario de afluencia universitaria.

Sairían de Salvaterra ambas ás 07.45, unha iría por Alxén e Salceda e outra por Ponteareas, para dende O Porriño ir pola A55, Puxeiros, Universidade, Estrada das Plantas, Meixoeiro, Cabral, E.A. e Hospital Cunqueiro.
Nesta dirección elimínanse as frecuencias das 8.15 (por Ponteareas) e das 19.05 (por Alxén).

De volta ao Condado sairía do novo hospital a ruta para Salceda ás 14.00 e a de Ponteareas ás 14.30.
Neste sentido elimínanse os horarios das 9.30 (por Ponteareas) e das 10.00 (por Alxén).

Ademais, a última viaxe do día dende As Neves adiantarase dez minutos, co que pasará a saír ás 18.25, e a viaxe das 21.15 dende Vigo ampliará a súa ruta até As Neves.


- Para as rutas entre Vigo e O Porriño propónse manter a liña actual que parte da estación de autobuses (con falta de bastantes horarios) e ampliar a liña que vai do hospital Álvaro Cunqueiro directo a Puxeiros ata a estación.

- A liña entre Tui e Salceda duplicará as súas frecuencias, de maneira que haberá saídas dende a Ponte Internacional ás 6.30, 13.30 e 16.30 directas a Salceda, de volta ás 13.45, 16.45 e 20.10, e dende o centro de Tui a Salceda pasando antes por Salvaterra ás 10.00, 12.10 e 18.00, e de volta ás 7.00, 11.30 e 15.00.

- Os servizos a parroquias/lugares do Porriño (Cerquido, San Blas, Chenlo), Mos (Louredo) e Salvaterra (Leirado) manteñense, se ben nalgún caso ampliarían as súas frecuencias.

- Nas relacións de tráfico entre os concellos que formen parte da área metropolitana as tarifas a aplicar serán as bonificadas por saltos estabelecidas no TMG. No resto de relacións, propóñense as seguintes (efectivo/tarxeta TMG):

Entre Vigo e Ponteareas e viceversa, e entre Ponteareas e As Neves e viceversa: 2,0€/1,8€

Entre Ponteareas e O Porriño/Mos/Salvaterra e viceversa, entre As Neves e Salvaterra e viceversa, entre Tui e Salceda/Salvaterra e viceversa: 1,5€/1,35€

Entre Vigo e As Neves e viceversa: 3€/2,7€

XG622 (Vigo-Ponteareas-Mondariz/Maceira/A Cañiza)


- Herdeira da actual XG522, en mans da Empresa Raúl.

- Esíxese como mínimo dispór dun garaxe de 2070 m² e un taller de 1000 m² para poder operar esta concesión.

Esta condición fará que a actual concesionaria non poida seguir operando este contrato (a non ser que amplíe as súas instalacións), xa que tan só dispón dun espazo de aparcamento de 1800 m² aproximadamente e un taller de 600 m² no polígono de Chan da Ponte de Salvaterra.

- Integra servizos de transporte escolar compartido e baixo demanda para os CEIPs Antonio Blanco Rodríguez, Manuel Sieiro, Otero Novas, CPI da Cañiza e Mondariz, e IES de Ponteareas.

- Non se contemplan as expedicións que se realizan actualmente entre Mondariz e Barciademera...

- Nos horarios propostos en fins de semana hai algúns erros, aínda que son bastante escasos de seu. Non pasa o mesmo en días laborais, para os que se propoñen algunhas ampliacións a destacar, co que os horarios para estes días quedarían así:

H. ALV. CUNQUEIRO
ESTACIÓN BUSES
O PORRIÑO
PONTEAREAS
DESTINO
11.30
11.45
12.10
12.25
A CAÑIZA
12.10
12.25
12.50
13.05
MDZ/MACEIRA
*CAMBIA A 15.15 OS DÍAS NON LECTIVOS
14.45*
MONDARIZ
15.15
15.30
15.55
16.10
MDZ/MACEIRA
15.30
15.45
16.10
16.25
A CAÑIZA
17.15
17.30
17.55
18.10
MONDARIZ

19.10
MONDARIZ
19.00
19.15
19.40
19.55
A CAÑIZA
19.30
19.45
20.10
20.25
MDZ/MACEIRA

ORIXE
PONTEAREAS
O PORRIÑO
ESTACIÓN BUSES
H. ALV. CUNQUEIRO
MACEIRA 06.45
07.35
07.50
08.15
08.30
A CAÑIZA 07.35
08.05
08.20
08.45
09.00
MDZ 08.20
08.40

MACEIRA 10.00
10.50
11.05
11.30
11.45
MDZ 12.00
12.20
12.35
13.00
13.15
A CAÑIZA 13.15
13.45
14.00
14.25
14.40
MACEIRA 15.15
16.05
16.20
16.45
17.00
MDZ 17.20
17.40
17.55
18.20
18.35
A CAÑIZA 17.45
18.15
18.30
18.55
19.10
MDZ 18.25
18.40

MDZ 19.30
19.50
20.05
20.30
20.45

- Nas relacións de tráfico entre os concellos que formen parte da área metropolitana as tarifas a aplicar serán as bonificadas por saltos estabelecidas no TMG. No resto de relacións, propóñense as seguintes (efectivo/tarxeta TMG):

Entre Vigo e Ponteareas e viceversa, entre Ponteareas e Covelo e viceversa, entre Mondariz Balneario e Covelo e viceversa, e entre Mondariz/Balneario e O Porriño/Mos e viceversa: 2,0€/1,8€

Entre Ponteareas e Mondariz/Balneario e viceversa, entre Mondariz e Covelo/A Cañiza e viceversa, entre Covelo e A Cañiza e viceversa, e entre O Porriño/Mos e Ponteareas e viceversa: 1,5€/1,35€

Entre Vigo e A Cañiza e viceversa: 3,5€/3,15€

Entre Vigo e Covelo e viceversa, entre O Porriño/Mos e A Cañiza e viceversa: 3,0€/2,7€

Entre Vigo e Mondariz/Balneario e viceversa, e entre O Porriño/Mos e Covelo e viceversa: 2,5€/2,25€

XG624 (Vigo-Redondela-Soutomaior/Fornelos/Berducido/Antas)


- Fusiona a actual XG524, en mans do grupo Monbus, coa "clásica" V-7049; XG-423 de Autos González. Ademais integra as antigas concesións das liñas C3 e 28 de Vitrasa (V-1293; XG-077 e V-2115; XG-182).

- Esíxese como mínimo dispór dun garaxe de 2500 m² e un taller de 1000 m² para poder operar esta concesión.

Estas condicións pónlle difícil a Autos González continuar operando esta concesión se non amplían as súas instalacións, pois tan só dispoñen dun pequeno espazo na subida á Estación de Redondela, e outro que non coñezo con exactitude na provincia de Ourense.

- Integra servizos de transporte escolar compartido e baixo demanda para os CEIPs de Santo Paio de Abaixo, Ponte Sampaio, A Lama, CEP de Riomaior, CPIs Manuel Padín Truiteiro e do Toural, e IES de Ponte Caldelas.

- As rutas entre A Xunqueira/Pontevedra e Soutomaior agora ampliarán ata Pazos de Borbén, co que hai que regular mellor os horarios, pois se manteñen as mesmas expedicións que agora.

- As liñas entre Vigo e Antas e entre Tui e Pontevedra mantéñense funcionando igual que agora.



- Propónse a creación dunha nova liña entre Redondela, Os Valos, Nespereira, Cepeda e Amoedo que circularía en días laborais cara Redondela ás 9.30 e de volta ás 13.00.

- Consérvanse tódolos servizos circulares para as parroquias de Redondela (O Viso/Nogueira, Ventosela, Reboreda/Quintela, Cesantes e Negros/Vilar da Infesta) agás o de Cedeira, que non se reflicte.
Tamén se conserva a liña regular entre Redondela e o castelo de Soutomaior.

E cando falamos de conservación referímonos a horarios, pois pode haber pequenas variacións nos percorridos: a que máis chama a atención é a do servizo a Vilar, que se converte en algo semellante a un circuíto neutralizado por Peinador.

- Nas rutas para Vilar e Fornelos volven reflectirse coma antano os interesantes servizos específicos para a feira de Redondela (días 6 e 21 de cada mes) que a actual concesionaria deixou morrer.

- Para a liña C3 de Vitrasa, propónse a súa realización dentro do termo municipal de Vigo polo "urbano da cidade", mentres que na parte redondelana xa se cobre con outras liñas do contrato (a mesma Redondela-Vigo). É dicir, que o actual sistema de transporte para Teis e Chapela continuará sendo como é.

A liña 28 é absorbida totalmente como unha liña máis da concesión, coas vantaxes e desvantaxes que iso implica, pois isto quere dicir que a liña non poderá mover pasaxeiros dentro de Vigo, senón que só poderá trasladar pasaxeiros de Negros, Cabeiro ou Lamosa a calquera punto de Vigo e viceversa.

Por outra banda, nas primeiras páxinas do anteproxecto dise que se propón a realización dos servizos desta antiga concesión polo urbano da cidade, o cal é bastante confuso, posto que estes servizos aparecen coma unha parte máis da XG624 que sae a licitación... Xa veremos que pasa.

A rendibilidade das contadas viaxes que ten a liña na actualidade dáse principalmente grazas ao tráfico de pasaxeiros entre distintos puntos do mesmo concello de Vigo, e aprovéitase o servizo para atender a Lamosa e Negros, que poden sumar ás veces entre 5 e 10 pasaxeiros. Polo tanto, se se leva a cabo a explotación desta liña por parte desta concesión (ou de calquera otro) será un completo desastre, pois o percorrido actual (igual ao que se prantexa) está pensado para rendibilizar servizos e dá uns arrodeos incribles que non se xustificarían como se quere facer.

Por outra banda, contémplase reducir paradas en Vigo (que actualmente son compartidas co Vitrasa) e ampliar algúns horarios que a actual concesionaria retirou hai tempo por falta importante de demanda...

- Cabe destacar que se propoñen rutas únicas para as liñas que chegan ata Vigo, é dicir, que contemplan as mesmas paradas para todas as expedicións, sen ter en conta que isto non se axusta nin á realidade nin á demanda. Inda por riba, os horarios son maioritariamente conservadores, e como están propostos serían imposíbeis de cumprir, pois a gran maioría de frecuencias entre Redondela e Vigo parten da rúa Areal, e non do novo hospital.

Por iso, este punto concretarase de verdade co inicio do contrato.

- Como detalle, reflíctese o servizo de lanzadeiras que o Concello de Redondela sempre contrata para o Carnaval de Verán para Vigo, pero non para O Porriño e Pontevedra.

- Segundo a actual concesión de González os servizos que na actualidade se prestan dende e ata o centro de Fornelos de Montes, deberían chegar ata Berducido. Non obstante, semella que a empresa obtivo nalgún momento indeterminado permiso para anular os seus pasos por alí, e deixar a liña en Fornelos, pois no anteproxecto recúperase esta ruta ampliando todas as expedicións a/de Fornelos ata alá, para prestar servizo tamén as parroquias de Vilar, Fortáns e Gaxate.

A pesar disto, contémplanse exactamente os mesmos horarios que ten a día de hoxe a liña regular entre Fornelos e Redondela/Vigo, polo que habería que axustalos á súa nova ruta. Ademais, cabe analizar ben se realmente é necesario ampliar todas as frecuencias para Fornelos até Berducido.

- Seguirá a realizarse o servizo para os estudantes da UVigo por Negros e Peinador e parada no hospital do Meixoeiro.


- Faltan no anteproxecto as expedicións semidirectas entre Redondela e o novo hospital que Autos González comezou a realizar hai uns anos pensadas especificamente para os traballadores do centro sanitario.

- Nas relacións de tráfico entre os concellos que formen parte da área metropolitana as tarifas a aplicar serán as bonificadas por saltos estabelecidas no TMG. No resto de relacións, propóñense as seguintes (efectivo/tarxeta TMG):

Entre Vigo e A Lama e viceversa, entre Pontevedra e O Porriño e viceversa: 3,18€/2,86€

Entre Redondela/Soutomaior e A Lama e viceversa: 1,82€/1,64€

Entre Ponte Caldelas e A Lama e viceversa, entre Pontevedra e Vilaboa/Soutomaior/Redondela e viceversa, e entre Redondela/Soutomaior e Ponte Caldelas e viceversa: 1,36€/1,23€

XG625 (Vigo-Moaña-Cangas/Cangas-Bueu-Pontevedra)


- Herdeira da actual XG525, en mans do grupo Monbus (a parte de Bueu e Marín non imos analizala, posto que xa excede a nosa influencia).

- Non se esixe ningunha condición respecto ás instalacións da empresa adxudicataria para poder operar esta concesión, o que deixará bastante liberdade para a "competición".

- Integra servizos de transporte escolar compartido e baixo demanda para os CEIPs da Seara, Reibón, Carballal, Ardán, Seixo, CPI do Toural, IES A Paralaia, As Barxas, e Gonzalo Torrente Ballester.

- Cabe destacar que segue a haber numerosos erros en denominacións e ubicación de paradas do Morrazo.

Por outra banda, hai que dicir que os servizos que a día de hoxe son contratados internamente polos traballadores de PSA e máis os servizos exclusivos para universitarios que realiza Cerqueiro, son propostos para a súa integración nesta concesión sendo liñas regulares máis, co fin de rendibilizar as prazas vacías que queden nesas viaxes entre o Morrazo e Vigo e ofrecer unha posibilidade máis para o transporte público entre estas dúas zonas.

Aínda así, no caso das rutas universitarias, aprovéitase para atender aos hospitais e ao centro da cidade de maneira que o bus irá directo de Domaio a Urzáiz-Vázquez Varela, Hospital do Meixoeiro, UVigo e finalizará e empezará rutas no hospital Álvaro Cunqueiro.
No Morrazo será unha liña considerada
"exprés" para ir a Vigo, xa que só parará no centro de Bueu, na estación e no concello de Cangas, en dúas das paradas do centro de Moaña e na parada central de Domaio. Isto vai servir para pouco máis que para que os políticos o vendan coma un logro propio e coma algo que é bo para o transporte metropolitano, cando en realidade practicamente se tardan 35 minutos sen parar que parando en chegar de Cangas a Vigo, porque a ruta do bus é a mesma, claro.

Por último, subliñamos que as rutas que a día de hoxe atenden aos centros sanitarios de referencia pasando por Bouzas desaparecen e só existirán os itinerarios para universitarios (exprés) e as rutas propias para traballadores coma opcións para viaxar de xeito directo entre o Morrazo e os hospitais de Vigo.

Con todo, aos actuais horarios da liña entre Cangas e Bouzas e máis as tres expedicións para traballadores de hospitais haberá que sumarlle nesta futura concesión outras tres expedicións entre Cangas e Bouzas/PSA, e máis cinco viaxes cara Vigo e seis cara Bueu da ruta universitaria e para hospitais.
E iso non é todo, pois a liña para traballadores realizará as mesmas tres frecuencias que agora, e máis outras tres en laborais e sábados, e dous en festivos, para atender sinxelamente a público xeral, que en realidade son as mesmas tres frecuencias que existen para ir ao novo hospital a través de Bouzas.

Véndoo así, podemos aprezar melloras significativas nas frecuencias da concesión.

- Mantéñense cos mesmos horarios os servizos entre Cangas, Ameixoada e Moaña, de Moaña a Berducedo, Couso/A Fraga e San Lorenzo, de Marín a Seixo, e de Cangas a Coiro.

- Nas relacións de tráfico entre os concellos que formen parte da área metropolitana (todos no que nos atingue) as tarifas a aplicar serán as bonificadas por saltos estabelecidas no TMG.

Excepcionalmente nesta concesión previuse o estabelecemento de dúas clases de bonos para tódalas relacións de tráfico do contrato que inclúan Vigo ou Pontevedra: para 20 viaxes a usar no que dure a concesión cun 50% de desconto (mínimo 20 euros), e para viaxes ilimitadas dentro dun mes polo prezo de 44 viaxes cun desconto do 75% (mínimo 40 euros).

Comentarios