Festas en Bouzas e concertos en Castrelos

Como cada verán, volven á nosa cidade dous dos "clásicos" do verán: as festas de Bouzas e os concertos no auditorio ao ar do parque de Castrelos.
Para ambos os eventos Vitrasa prepara cada un dispositivo especial de transporte co fin de cubrir as demandas extras que xorden nestas datas.

Para ver o resumo do dispositivo das festas de Bouzas deste ano podedes consultar o seguinte mapa:


Cabe destacar que:

  • Todos os días das festas o tráfico estará cortado dende as 19 da tarde e durante a noite (o domingo 21 todo o día) Eduardo Cabello e a alameda, co que a liña C3 verase desviada por Tomás Paredes para ir e vir da avenida de Europa, e cada variante tomará a ruta que lle corresponda na rotonda do Rato...
  • A liña N1 prestará servizo normal (cos seus horarios habituais) coa excepción de que modificará o seu percorrido en dirección Samil, de maneira que en vez de ir directo por Tomás Alonso subirá dende a vella Praza da Industria por Coruña, Praza de América, Castelao, e volverá baixar a Bouzas para seguir cara Samil e de volta a Vigo por Tomás Paredes. Isto farase durante todas as noites de festa.
  • As noites do venres e do sábado veranse reforzadas cun servizo especial entre García Barbón e Bouzas cunha frecuencia de media hora entre as 23h e as 4h aproximadamente.
  • Durante a noite do domingo reforzaranse as liñas que teñen paso por Bouzas e sairán buses de reforzo entre Policarpo Sanz e as festas en función da demanda entre as 22h e as 00h. Para volver, estabelecerase máis ou menos dende esa hora e ata a 01.30h aprox. un servizo que irá ata o centro, seguirá por Teis, subirá a Travesía de Vigo e rematará en Gran Vía cada 15 minutos.
Para calcular rutas dende calquera punto da área metropolitana a/dende as festas de Bouzas recomendamos a app Moovit, onde tamén se poden consultar os horarios e itinerarios das liñas habituais de Bouzas, e do servizo especial.

O mesmo recomendamos para acudir os espectáculos de Castrelos, para os que será posíbel ir coas liñas habituais que circundan o parque (7, 8, 12B, 16, 17, 23, 27, H1, H2...). A maioría de concertos comezan as 22.30 ou as 23.00, coa excepción do 2 de agosto, no que as actuacións comezarán xa ás 20 da tarde.
Estes servizos usan letreiro de reforzo, pero no SAE de Vitrasa e para a numeración son servizos da liña "100, Conciertos"
Para volver de Castrelos, Vitrasa habilitará un servizo de lanzadeira con varios buses (os que fagan falta) que sairán da contorna da parada da avenida de Castrelos, diante do parque, e que agardarán a saída dos concertos pola xente, normalmente sobre as 00.30/01.00.

A continuación deixo unha relación dos días nos que Vitrasa habilitará estas lanzadeiras, que percorrerán parte da cidade dende Castrelos por Travesas, Camelias, Romil, Paseo de Alfonso, P. Sanz, García Barbón, Isaac Peral, Travesía de Vigo e fin en Gregorio Espino 42 (antiga cabeceira de 4C/23, na Doblada):
  • 19 de xullo: Leiva
  • 23 de xullo: Tom Jones
  • 24 de xullo: Fangoria
  • 26 de xullo: Rick Astley
  • (27 de xullo: Coral Casablanca, Vitrasa non anunciou servizo especial de lanzadeiras este día alegando que non foi publicado dentro da lista de concertos, senón á parte... Corrixirase isto a última hora?...)
  • 29 de xullo: Roger Hodgson
  • 1 de agosto: Thirty Seconds to Mars
  • 2 de agosto (comeza ás 20.00): Furious Monkey House & Xoel López & Vetusta Morla
  • 8 de agosto: David Bisbal

Comentarios