Como xa vimos en ocasións previas (e seguimos vendo), o autobús é un medio de transporte que forma parte da paisaxe urbana da nosa cidade, polo que é unha canle que pode ser moi efectiva para facer chegar unha mensaxe publicitaria á poboación. E é por isto polo que canto máis rechamante sexan os anuncios integrais máis éxito terán, posto que esta estratexia de aproveitar os buses como un soporte publicitario máis está cada vez máis de moda.

No caso dos anuncios, o proceso habitual é que os promotores da campaña contrátana á axencia de publicidade de Vitrasa (ExterionMedia) e expresan o seu interés en que o anuncio circule en determinadas liñas, ben por motivos de cantidade de uso desa/s liña/s ou polos lugares nos que teña paso. Entón, a axencia consulta ao departamento de operacións da empresa (que xunto co taller controla as asignacións de buses en servizos) por uns buses cincretos que estean asignados nesas liñas e que estean dispoñíbeis para un novo vinilado. Aínda así, nunca se garantiza que o anuncio vaia estar durante toda a súa vixencia na mesma liña, xa que como é sabido, un bus pode rotar a outros servizos ocasionalmente aínda que estea asignado nunha liña.

Existen outros buses con este tipo de decoracións internas, ben sexa para exhibir os resultados do xa tradicional concurso de postais do Nadal para escolares de Vitrasa, ou a difusión da reedición da obra de Xohana Torres "Adiós María", mais na miña opinión deberíase de promover moito máis este tipo de campañas e dende logo non só reservalas para os autobuses nos que non as ve ninguén...
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por enviares o teu comentario, se tes gañas de decirme máis cousas podes mandar un email á dirección mistervigo02@gmail.com, interpelarme nas redes, etc.
Gracias por enviar tu comentario, si tienes ganas de decirme más cosas puedes mandar un email a la dirección mistervigo02@gmail.com, interpelarme en las redes, etc.