Crónicas do Plan de Transporte Público da Xunta (II): Primeiras propostas de adxudicacións

Nos últimos días publicáronse no Perfil do Contratante da Xunta as últimas actas da derradeira mesa de contratación do primeiro lote de novas concesións autonómicos de transporte de viaxeiros por estrada. A número 9 sinxelamente resposta algunhas reclamacións das empresas licitadoras e a 10, a
definitiva, fai públicas todas as puntuacións obtidas polas empresas e propón a adxudicación dos novos contratos ás súas respectivas concesionarias.

Non obstante, houbo que publicar unha undécima acta debido a que practicamente todos os licitadores tiveron que emendar a documentación de carácter fiscal e legal que están obrigados a presentar cando se lles propoñe dar o contrato antes de que se adxudique. Con todo, despois disto só faltaría o "cortés" prazo para que as empresas perdedoras ou mesmo as gañadoras poidan interpoñer o recurso que estipulen contra a resolución, mais isto quedaría resolto en cuestión de días, polo que semella que antes de que remate este ano 2019 habemos de estrear esta primeira serie de novas concesións.

No documento número 10, que podedes descargar aquí no apartado de "mesas de contratación", expónse todas as puntuacións finais obtidas polas empresas licitadoras. En concreto, podemos velas no anexo número VI de maneira desglosada, que a continuación explicamos, e no anexo VII coa cifra global, que é igual a do anterior apartado.

Extracto das puntuacións obtidas polas dúas ofertas admitidas na concesión XG-621, como exemplo, que se pode ver no anexo VI da acta número 10 das mesas de contratación
En base á imaxe de arriba, imos explicar como funciona esa táboa para todas os lotes obxecto desta licitación mediante un breve glosario de termos.
Todos os W corresponden ao PESO sobre o que pondera ese apartado expresado en porcentaxes, e apenas varía para todos os contratos entre si. 
Todos os P corresponden á PUNTUACIÓN dese apartado sobre un total de 100 puntos. 
P/W MC = Memoria descriptiva da calidade de prestación dos servizos
P/W E = Proposición económica
P/W CS = En relación á calidade do servizo
P/W CF = En relación á calidade da flota
P/W CSS = En relación á calidade social do servizo
P/W CMA = En relación á calidade medioambiental
Por suposto, isto son as valoracións xerais en cada apartado, pero dentro de cada un entran en xogo múltiples factores que poden ser consultados con detalle nos mesmos pregos de condicións do concurso dispoñíbeis na mesma web do Perfil do Contratante, así como os sistemas de valoración de cada cuestión dependen de varios criterios, e a isto mesmo responden as puntuacións dos sobres A, B e C, que tamén poden ser consultadas nas distintas actas das mesas de contratación.

Por último, hai que dicir que case todas as ofertas da aposta da unión entre Empresa Raúl e Vectalia-Subús e as as que presentou Melytour (agás a da XG624) quedaron excluídas (vése nos anexos II e III) ao non xustificar a viabilidade das propostas, entre outros motivos.

Con todo, temos que lembrar que en canto remate este proceso de adxudicación da primeira quenda de concesións empezará o de contratación da segunda, e o plan estará cada vez máis preto da súa resolución. Asemade, estas primeiras propostas de adxudicacións de novas concesións deixan tras de si unha boa cantidade de claves a analizar que iremos vendo en sucesivos capítulos de Crónicas do Plan de Transporte Público da Xunta.

Para finalizar este publicamos unha lista coa puntuación final de cada oferta nas concesións que a nós, en Vigo, nos atinxen, coa empresa á que se propón adxudicar o novo contrato en negriña.

XG622 (Vigo - Mondariz - A Cañiza)
UTE Autos González - Monbus (94,2)
XG623 
(Vigo - Ourense - Lugo)
La Veloz (79,5)
Monbus (88,8)
XG624 
(Actual XG524 e Vigo - Redondela - Fornelos)
UTE Autos González - Monbus (84,1)
Melytour - Royal Tourismo (78)
XG625 (Vigo - Moaña - Cangas) 
UTE Benito García - Cerqueiro - Monbus (93)
XG666 
(Escolar da Cañiza)
UTE Autos González - Meiriño -  Monbus (90,9)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl (53,8)
XG667 (Escolar de Covelo)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl (87,5)
XG668 (Escolar de Mondariz)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl (87,6)
XG669 (Escolar de Ponteareas)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl (87,7)
XG670
(Escolar de Mos, O Porriño e Tui)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl (55,3)
UTE Faibus (55,3)
UTE Autos González - Monbus (90)
XG671
(Escolar de Salvaterra e Salceda)  
UTE Empresa Ojea - Estévez Avión - Meiriño - Pérez Lamas (53,1)
UTE Faibus (51)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl (60,3)
UTE Autos González - Monbus (88,1)
XG672 
(Escolar de Moaña e Vilaboa)
UTE Benito García - Monbus (91,8)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl (58,6)
XG698
(Escolar da zona da Lama/Pontecaldelas)
UTE García Castro - Monbus (89,6)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl (55,3)

Comentarios