Crónicas do Plan de Transporte Público da Xunta (I)

Ethel Vázquez
A conselleira Ethel Vázquez dando conta á prensa do inicio da última fase do plan
Con motivo dos avances no plan de transporte público da Xunta imos comezar unha serie de artigos no que iremos narrando a "crónica de sucesos" no marco deste plan; é dicir, iremos desvelando o que vai e o que está a pasar nas principais concesións da nosa área e o devir do noso transporte metropolitano e interurbano.
Imos resumir o histórico de acontecementos, é dicir, o que xa pasou e é unha certeza e mais a planificación prevista a continuación, e acompañaremos a información máis dun "anexo", ademais de ligazóns nas que poden detallarse máis cousas.
  • Febreiro-Marzo 2019: Dá comezo todo o proceso da última e máis importante fase do plan, co que saen a exposición pública os anteproxectos da primeira tanda de novas concesións de transporte de viaxeiros por estrada. Nesta tanda foron incluídos principalmente os contratos que xa foran renovados anteriormente por mor das renuncias dos seus antigos operadores (ver primeiro artigo sobre os anteproxectos e segundo). Unha vez resolto daquela maneira o proceso de alegacións saíron á luz os proxectos finais de explotación nesta ligazón (aínda que na maioría apenas varían dos seus respectivos anteproxectos), e comezou o proceso de licitación dos contratos.
  • Abril 2019: Unha vez iniciada a licitación as empresas interesadas comezaron a remitir as súas ofertas, mais o padroado do transporte interpuxo un recurso contra a viabilidade económica do plan moi semellante ao que desencadeou a folga en 2017, o que obrigou á Xunta a suspender preventivamente o concurso de liñas e consecuentemente, o plan. Aínda así, en ningún momento se falou de retrasar os prazos previstos e incluso se dixo que o recurso estaba previsto coma unha posibilidade dentro do cronograma, co que se seguía prevendo que as novas concesións entrasen en funcionamento o 8 de agosto, data na que caducan as que veñen a substituír.
  • Maio 2019: O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade ditou resolución desestimando o recurso que suspendera cautelarmente o plan, co que a suspensión quedou levantada a pesar de que as empresas de transporte estudaron apelar ao TSXG. Finalmente quedou en nada.
  • Xuño-Xullo 2019: A través do Perfil do Contratante puidemos coñecer o transcurso do proceso de licitación das concesións, así como as empresas que compiten por facerse por un cacho do pastel do transporte galego (ver Anexo I). O 23 do mes de xullo reuniuse a terceira mesa de contratación, que será a encargada de propoñer as adxudicacións dos contratos, mais todo semella indicar que non será en agosto, senón que se terá que adiar até polo menos principios de setembro. O mesmo día publicáronse no portal de Infrestruturas e Mobilidade os anteproxectos de todas as concesións que quedaban por renovar, que comezamos a analizar neste artigo que publicamos de maneira simultánea a este para animar á súa lectura "de corrido".
  • Agosto-setembro 2019: Ao tempo que o primeiro lote de novas concesións remata o seu proceso de licitación e ultiman a posta en marcha da súa execución o segundo lote admitirá alegacións a presentar mediante escrito ante a Dirección Xeral de Mobilidade ata o 23 de agosto. A partir de aí, sairán publicados os proxectos finais de explotación e comezará a presentación de ofertas e a licitación, que iremos narrando en vindeiros artigos desta serie de Crónicas do Plan de Transporte Público da Xunta.
  • Decembro 2019: Posíbel entrada en funcionamento da última parte deste plan, nunha data aínda por confirmar. 
ANEXO I

Na seguinte táboa podemos ver concesión a concesión (das da nosa área) as empresas que presentaron oferta por cada unha, e debaixo dela comentaremos o que poida chamar a atención. Mais antes de nada, é necesario comentar en vistas xerais que os contratos de código XG603, XG630, XG686, XG702 e XG704 quedaron desertos; é dicir, que ningún licitador presentou unha oferta para operalos... Probabelmente se fará unha negociación e adxudicación directa para estes casos.






XG621 
(ex UTE Faibus)

Melytour

XG666
(escolar)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl
UTE Autos González - Meiriño - Monbus
UTE Autos González - Autos Lar (Mos) - Grupo Monbus
XG667
(escolar)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl (única oferta)

UTE Faibus
XG668
(escolar)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl (única oferta)
XG622 
(ex Empresa Raúl)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl

XG669 (escolar)
Empresa Ojea
(excluída ao non obter a puntuación mínima)
UTE Autos González - Grupo Monbus
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl

XG623 
(ex Grupo Monbus)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl


XG670 (escolar)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl
Grupo Monbus
Melytour
La Veloz (Grupo Samar)
UTE Faibus

XG624
(ex Monbus e Autos González) 

Empresa Raúl




XG671 (escolar)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl

Melytour - Royal Turismo
UTE Autos González - Monbus

UTE Autos González - Monbus
UTE Empresa Ojea - Estévez Avión - Meiriño - Pérez Lamas
XG625
(ex Grupo Monbus)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl

XG672 (escolar)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl 
UTE Benito García - Cerqueiro - Monbus
UTE Benito García - Monbus
XG698 (escolar)
UTE Vectalia/Subús - Empresa Raúl
Melytour - Royal Turismo

Grupo Monbus

Co panorama actual as UTEs (Unión Temporal de Empresas) van ser cada vez máis frecuentes, e aquí se ve como algunhas empresas son máis astutas que outras, e saben moverse por bos círculos para non quedar "marxinadas" do negocio. Destacamos neste sentido a Empresa Raúl, que conseguiu integrarse nun dos grandes operadores de transporte foráneos que poxou forte neste concurso, o grupo Vectalia/Subús. Deste xeito, Raúl poderá ofrecer coñecemento propio de ser da zona e Vectalia será un grande apoio financieiro e material. No outro extremo atópase Melytour, que en liñas regulares só ten a experiencia da Vigo-Gondomar, e non é por nada, pero os usuarios que usan os seus autobuses están desexando que cambie a empresa... E quizais por iso só se presentou desta vez a 3 concesións e de maneira moi tímida, e incluso o "Royal Turismo" co que se presenta tan só é unha marca propia da mesma empresa.

E no medio entre un extremo e outro están o resto das empresas, xeralmente son as que tratan de facer o seu traballo ben, e por iso, buscan maneiras de subsistir na "xungla" do transporte alcanzando pequenos acordos con empresas máis grandes (por exemplo a UTE entre Benito García e Cerqueiro con Monbus para a XG625) ou entre empresas de tamaño semellante entre elas (como a de Empresa Ojea, Meiriño, Estévez e Pérez Lamas para a XG671).

Tamén é certo que hai unha UTE en concreto con pinta de que vai funcionar de maneira distinta á habitual, polas características da concesión á que se presenta. Falamos da unión entre González e Monbus para a XG624. Hai que lembrar que esta concesión naceu da fusión entre a as liñas de Autos González e a actual 524 de Monbus, entón ben podería ser que estas dúas empresas chegaran ao acordo de presentarse mediante UTE e no caso de gañar, cada unha seguir operando como o fan agora...
Agora ben, tamén fixeron unha oferta na XG621 na que integran a Autos Lar, e neste caso si que pode ser que funcionasen de xeito normal (compartindo recursos en igualdade, etc.), así que xa veremos que pasa.

E non queremos pasar por alto o asentamento da UTE Faibus, que agora incorpora ao importante grupo ALSA como socio (coas súas marcas "Irubus S.A.U." e "Nex Continental Holdings" e sofre a baixa de "La Sepulvedana". Faibus compite pola XG621 e polo contrato de servizos escolares XG670, mais cabe destacar que no caso de que na XG625 gañe a UTE Monbus-Cerqueiro-Benito García, Faibus tamén entraría nesa concesión grazas a compartir recursos con Benito García, participante da UTE a través de "Eugenio Bermúdez e Hijos".

E si que é certo que nesta primeira tanda notamos a ausencia dalgúns grandes grupos de transporte que agardabamos que desen a batalla, non sabemos se por que non queren vir a Galiza ou por que non conseguiron negociar ben con ningunha empresa oriunda para integrala con eles, falamos dalgunhas como Arriva (que parece que só quere buses galegos no norte), ALSA (que curiosamente só se integrou en Faibus e apenas presentou unha oferta propia para o urbano de Ferrol) ou Flixbus (que xa se pronunciou varias veces a favor da liberalización do mercado do transporte no noso Estado)...

Aínda así, na XG623 podemos atopar unha oferta de La Veloz, empresa madrileña pertencente ao grupo Samar que semella estar interesada só nas liñas de longa distancia, e aínda que está fóra da nosa xurisdicción hai que remarcar que Avanza (que parecía outra factíbel interesada en rutas interurbanas) só presentou oferta a través de Llorente Bus para a XG628 e a XG642, que regularán os servizos de transporte urbano-metropolitano das cidades de Pontevedra e Ferrol, respectivamente.

Seguiremos informando...

Comentarios